x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Decembro de 2013
Vitoria contundente a lograda esta tarde polo Azkar Lugo esta tarde no Pavillón Municipal de La Salobreja ante o Jaén Paraíso Interior.
A primeira metade, en case todo o seu desenvolvemento, caracterizouse pola igualdade. Porén, foi neste tramo de encontro cando Aranburu puido adiantar aos galegos no marcador ao estrelar o balón no pau após un disparo desde o medio do campo. Con todo, antes do descanso os lugueses puideron saborear o éxito do gol por partida dobre. No minuto 17 Chano anotaba o primeiro mercé a un potente lanzamento e, no 18, Cuco culminaba un contraataque para o 0 a 2, que ben puido ser 0 a 3 se o intento de Iago Rodríguez nos instantes finais non se estrelase no pau.
No segundo tempo, malia as tentivas dos andaluces, o Azkar non permitiu a construción de ocasións significativas para os de Xaén. No minuto 34, o burelao Jandri convertíase no autor do 0 a 3 definitivo. O Jaen Paraíso interior comezou a utilizar entón a figura do porteiro-xogador, mais ningún dos seus intentos puideron impedir que os galegos sumasen a súa segunda vitoria consecutiva, un triunfo que lles outorga unha marxe de 11 puntos co descenso.
O Azkar vence en La Salobreja

Cuco