x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
Derrota esta tarde do BM Cangas no Palau Blaugrana ante o líder, o FC Barcelona, por 33 a 21.
Os galegos saíron moi activos na primeira parte, a aguantaron o tipo ante as acometidas barcelonistas. Os goles locais eran contestados polos cangueses, que forzaron un tempo morto local no minuto 15 con marcador de 6 a 5, o cal cortou o ritmo do conxunto galego e supuxo un punto de inflexión para os culés que, mercé a un parcial de 9 a 5, chegaron ao descanso con vantaxe de 5 tantos (15-10).
O segundo tempo tivo pouca historia. O Barcelona aumentaba cada vez máis a súa vantaxe, e os cangueses tropezaban nos seus ataques ante a defensa rival e perante o bo acerto do meta Danjel Saric, que detivo 18 lanzamentos de 37 intentos. Os tiros desde 9 metros marcaron a diferenza. Nesta faceta, os cataláns lograron un esmagador 77% (10 de 13) de acerto, fronte ao 25% do BM Cangas (5 de 20).
Siarhei Rutenka e Nikola Karabatic foron os máximos goleadores do encontro, con 7 tantos cada un, dous máis que Adrián Rosales Pousada, máximo realizador dos cangueses.
A semana que vén, ante o Ciudad Encantada, o BM Cangas procurará o retorno á senda de vitorias coa que iniciou a temporada.
O FC Barcelona gaña ante o Cangas
