top of page

                                                                                                                                                                                                                   8 de Novembro de 2013

 

O FC Barcelona sacou esta noite a espiña das dúas últimas derrotas en Euroliga. 6102 espectadores presenciaron no Palau Blaugrana como o seu equipo vencía ao CSK de Moskova por 79 a 70.

 

O primeiro cuarto estivo moi igualado, á altura das circunstancias. A alternancia de puntos era unha constante, e máxima diferenza dun equipo sobre outro, favorable aos rusos, foi no minuto 5 co 9 a 14. No 10, o marcador era de 18 a 20.

 

Nada de novo á tónica do anterior achegou o segundo cuarto, ea o descanso o resultado era de 35 a 40. No entanto, cobraba especial protagonismo os puntos exteriores, de modo que FC Barcelona situaban un 30% de acerto nesta faceta e, o CSK, nun 38%. O mesmo podemos dicir dos tiros libres (80% par aos locais, 88% par aos visitantes).

Fálase con frecuencia de que os terceiros cuartos son decisivos, e desta veza  tendencia cumpriuse. A partir do minuto 20, os barcelonistas concretaron unha reacción que os levou a obteren un parcial de 15 a 2 no minuto 25. O parcial do cuarto foi de 27 a 14 (62-54).

O derradeiro cuarto non nos deixou diferenzas notables na dinámica do marcador, mais si a ovación coa que o Palau agasallou a Juan Carlos Navarro. O catalán volvía ser o referente azulgrana que, nun partido estelar, anotou 20 puntos, capturou 2 rebotes, deu 3 asistencias e logrou 25 puntos de valoración.

O Barcelona saca a espiña ante o CSK

bottom of page