top of page

                                                                                                                                                                                                                  5 de Novembro de 2013

 

Un dos partidos mais importantes nesta xornada de Champions foi, sen dúbida, este FC Barcelona vs AC Milan.

 

Os locais saíron moi ben posicionados no campo, e dominaron o partido desde os instantes iniciais. O primeiro gol chegou no minuto 30 da man de Leo Messi, quen transformou un discutible penalti sobre Neymar. O astro arxentino rencontrábase co gol. O seu último tanto, precisamente, tivera lugar en San Siro contra o Milan no partido de ida.

 

Ao fío do descanso, no minuto 40, Sergio Busquets remataba de cabeza un centro a balón parado de Xavi Hernández. Tratábase do seu primeiro gol nesta Liga de Campións, e supuña o 2 a 0. No entanto, co intermedio ás portas, Kaká recortaba diferenzas para os milanistas (2-1), pois unha acción súa provocou o tanto en propia meta de Piqué.

 

No descanso, Balotelli substituíu a Robinho no bando visitante. Porén, o Barcelona seguía a crear ocasións, como o gol anulado a Adriano por bater o balón no calcañar de Messi, que se encontraba en posición antirregulamentaria. Alexis intentouno no minuto 74, mais topou co Abbiati.

 

Xa no minuto 83, unha parede entre Messi e Cesc Fábregas culmina no tanto do 10 barcelonista, que desta forma tapaba as críticas recibidas nos últimos días. Este terceiro tanto é o reproducido no vídeo que ofrecemos

 

Os cataláns suman deste xeito 10 puntos e, líderes do grupo H, aseguran o seu pase a oitavos de final.

O Barça derrota ao Milan

bottom of page