top of page

                                                                                                                                                                                                                       8 de Xaneiro de 2014

 

Os asistentes esta noite ao Camp Nou puideron presenciar a vitoria do seu equipo ante o Xetafe do galego Roberto Lago, en partido correspondente aos oitavos de final da Copa do Rei.

 

Os minutos iniciais foron dos culés. Os blaugrana dominaban o xogo e, froito desta circunstancia, acadaban aos oito minutos de encontro o primeiro gol por mediación dun Cesc Fábregas que, por mediación dun remate de cabeza, sorprendía ao meta azulón.

 

O Barcelona movía o balón e dominaba o xogo. Antes do descanso, no minuto 43, Iniesta puxo a proba a Codina, mais finalmente chegouse ao intermedio con resultado de 1 a 0.

 

Na segunda metade, o guión apenas variou. No minuto 61, o colexiado decretou un penalti a favor do Barcelona, o cal converteu Cesc Fábregas. Deste modo, o xogador catalán marcaba o segundo da súa conta e colocaba ao seu equipo nunha posición moi  vantaxosa.

 

Acto seguido do gol, no minuto 63, Martino deulle a Messi entrada no campo. O astro arxentino voltaba aos terreos de xogo despois de dous meses de lesión, e non decepcionou. No minuto 89, Messi anotaba o terceiro e, xa no desconto, o 4 a 0 definitivo.

 

Foi, por tanto, unha noite redonda para o barcelonismo. Os culés teñen xa pé e medio nos cuartos.

O Barça esnaquiza ao Xetafe

bottom of page