x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Novembro de 2013
Agre derrota para o Baskonia nesta cuarta xornada da Euroliga. Os de Sergio Scariolo víronse superados na casa polo Estrela Vermella.
Os serbios dominaron o partido na parte inicial. Creaban e anotaban malia a oposición da defensa baskonista. No primeiro cuarto chegaron a sumar unha diferenza de +11, e ao descanso marcharon co marcador en 15 a 25.
No entanto, a historia no segundo cuarto foi ben distinta. Os vascos freaban o ataque dos de Belgrado e aproveitaban mellor as súas oportunidades ofensivas. A falta de algo máis de minutos, a dinámica do partido levou aos locais a obteren un parcial de 10 a 0, culminado a falta 1:19, que deixaba o marcador con empate a 31. Un tiro libre transformado por Kelati permitíalle aos locais marchar ao descanso con vantaxe.
A igualdade foi a nota predominante no terceiro cuarto que, convertido practicamente nun intercambio de canastras, finalizou con marcador de 51 a 54.
A falta de 4 minutos para finalizar o encontro, o Baskonia atascouse en ataque, e o Estrela Vermella non desaproveitou a oportunidade. O marcador final foi 63 a 73. Os vitorianos apañaron a primeira derrota nesta temporada na Euroliga.
O Real Madrid venceu ao Strasbourg:
O outro partido de Euroliga no cal estaban implicados equipos da ACB saldouse con vitoria do Real Madrid ante Strasbourg por 66 a 85. Os de Pablo Laso continúan coa súa boa xeira de resultados e seguen invictos en Europa. Rudy Fernández foi o xogador máis destacado do partido (24 puntos e 28 de valoración).
O Baskonia cae ante o Estrela Vermella

Milko Bjelica