x
g d
Xornal
GALDEPORTE
21 de Novembro de 2013
Despois da xeira de derrotas das últimas xornadas, o Baskonia retornou ao camiño do triunfo no sempre complicado Nokia Arena ante un dos grandes, o Maccabi de Tel Aviv.
Os baskonistas querían sumar na clasificación, e foron polo seu obxectivo desde o comezo do encontro. A falta de algo máis de 3 minutos, os vascos lograban a diferenza psicolóxica de +10 (5 a 15) mercé a unha tripla de Jelinek, se ben unha serie de erros provocaron que os macabeos chegasen a obter un parcial de 9 a 2 (16-17), roto por unha tripla de Hodge sobre a bucina ao final do período (16 a 20).
O segundo cuarto, nos seus minutos iniciais, seguiu a mesma tónica mais, a falta de algo menos de un minuto, un parcial de 7 a 0 igualaba o choque e os locais púñanse por diante (33-31). Ao descanso chegábase cun 35 a 34 para os locais.
A igualdade da primeira metade non deixou de facer acto de presenza na segunda, se ben aos 3 minutos de xogo do terceiro cuarto Maccabi lograba un parcial de 8 a 0 que lle outorgaba unha diferenza de +9 (43 a 34). No entanto, o Baskonia tiña decidido que non ía deixar que o rival escapase no marcador, e cun parcial de 9 a 2, con tripla de Jelinek incluída, os baskonistas se situaban a 2 puntos a falta de 4 minutos. Neste tempo, os locais volveron gozar dunha vantaxe de +4, se ben unha tripla de Hamilton serviu de punto de inflexión para que os visitantes finalizasen o período por diante no marcador.
Todo quedaba aberto para un derradeiro cuarto desesperante para os baskonistas, que vían como os seus intentos por tomar vantaxes cómodas eran duramente contestados polo Maccabi. No entanto, ao final do partido o marcador ditaba 65 a 70, un bo resultado que lle permite ao Baskonia sumar a terceira vitoria nesta temporada na Euroliga.