x
g d
Xornal
GALDEPORTE
15 de Novembro de 2013
Non tropezou o Básquet Coruña na súa visita a Málaga, onde se mediu ao Clínicas Rincón.
A igualdade foi a nota predominante do primeiro cuarto. Intercambio de canastras e intensidade no xogo foron dous dos aspectos que mellor o definiron. Os galegos gañaban por 1ao final dos 10 primeiros minutos mercé a unha canastra moi protestada polos locais, que entenderon que se producira fóra de tempo. No entanto, ese non foi o criterio dos colexiados, e ao final o cuarto pechou con 19 a 20.
No segundo cuarto, os malagueños saíron máis acertados, e os coruñeses semellaban perdidos na cancha. Este feito permitiulle ao Clínicas Rincón acadar un parcial de 17 a 1 nos minutos iniciais, e ao descanso os galegos perdían por 39 a 24.
Non obstante, á volta do intermedio, non demorou o Basquet Coruña en reducir diferenzas. Da man dun acertado Castro (21 puntos), lograban os herculinos un parcial favorable de 0 a 5. Os galegos souberon xestionar moi ben o partido, e aguantaron máis de medio cuarto cunha soa falta de equipo. Ao final do terceiro período, o marcardor reflectía 51 a 47.
O derradeiro cuarto foi simplemente emocionante. A falta de 5 minutos, os galegos púñanse a 3 (57-54) e, a falta de 1, o choque quedaba igualado a 61. A falta de 6 segundos, Jesús Castro dispuxo de dous tiros libres. Non lle tremeu o pulso. Anotou ambos os lanzamentos, e deixou o resultado no 61 a 63 final.
Desta forma, o Básquet Coruña queda terceiro na clasificación de forma provisional. A semana que vén recibirán ao Oviedo na casa. Nova oportunidade para seguir a soñar.
O Básquet Coruña non tropeza
