x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Xaneiro de 2014
Sería raro que a alguén puidese chamarlle a atención este titular. O Bayern de Múnic de Jupp Heynckes foi unha auténtica máquina de facer títulos e, malia o tropezo da Supercopa de Alemaña, a era de Guardiola parece que quere seguir por ese camiño.
O bo momento do momento non é, por tanto, só unha impresión. A Federación Internacional de Historia e Estatística no Fútbol (IFFHS) vén de confirmar que, segundo o seu ranking computacional, o conxunto alemán é o mellor equipo de fútbol do ano 2013. Desta forma, o Bayern consegue a dobre honra de ser o primeiro club alemán que logra esta posición (desde a creación do ranking en 1991) e mais a de desbancar ao Barcelona da primeira posición, a cal ocuparon os blaugrana por dous anos consecutivos (2011 e 2012). Precisamente chama a atención que os cataláns, malia gañaren a liga con solvencia (batendo records) e malia acadar as semifinais da Copa do Rei e da Liga de Campións, descenda ao quinto posto. Pola súa parte parte o Real Madrid, a pesar non gañar ningún dos tres grandes títulos en 2013, ascende á segunda posición.
Finalmente, destacamos o avance do Basilea suízo cara á sétima posición. O único equipo non europeo que figura entres os dez mellores do mundo é o Atlético Mineiro do Brasil. O top 10 de mellores clubes, segundo a clasificación da IFFHS queda, pois, do seguinte xeito:
Posición |
Equipo |
Puntos |
1.º |
Bayern de Múnic |
370 |
2.º |
Real Madrid |
290 |
3.º |
Chelsea |
273 |
4.º |
Atlético de Madrid |
251 |
5.º |
Barcelona |
247 |
6.º |
Paris Saint Germain |
240 |
7.º |
Basilea |
239 |
8.º |
Atlético Mineiro |
238 |
9.º |
Tottenham Hotspur |
238 |
10.º |
Benfica |
232 |
O Bayern, o mellor do mundo
