x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Decembro de 2013
Caeu esta noite o BM Cangas na súa visita á cancha do BM Guadalajara, unha derrota que sitúa aos galegos na sétima posición da Liga ASOBAL.
Se ben ambos os conxuntos chegaban moi parellos na clasificación, o certo é que o do Multiusos de Guadalajara non foi o mellor encontro dos galegos que, no minuto 5, xa perdían por 3 a 1. O BM Cangas estrelaba o seu ataque contra a defensa rival. Cun parcial de 6 a 3 nos minutos seguintes, o BM Guadalajara conseguía a súa máxima vantaxe de 5 goles (9 a 4). Porén, os cangueses souberon dominar a situación, e cun parcial de 1 a 5 conseguían situarse a tan só un gol dos rivais (10 a 9), se ben ao descanso perdía por 4 (17 a 13).
Os 10 primeiros minutos da segunda metade, pola súa parte, semellaban os da reacción galega. Cun parcial de 4 a 7, lograban reducir a distancia a 1 tanto (21 a 20). No entanto, nos derradeiros 20 minutos o ataque do BM Cangas volveuse encontrar unha boa resposta rival, producíndose un parcial de 8 a 5 que deixaría o marcador no 29 a 25 final.
O pontevedrés Jorge Fontenla e o ferrolán Iago Muíña, ambos o dous xogadores do BM Guadalajara, foron os máximos anotadores do encontro, con 7 goles cada un.
O BM Cangas cae en Guadalajara
