top of page

                                                                                                                                                                                                23 de Novembro de 2013

 

Logrou esta tarde o BM Cangas a vitoria en terras burgalesas ante un Villa Aranda que, malia a súa posición na táboa, lle deu bastante que tecer aos galegos. De feito, ao comezo do encontro, os locais chegaron a obter unha vantaxe de 4 goles de diferencia (9 a 5), reducida polos cangueses mercé a un parcial de 2 a 8 (11 a 13) no minuto 25, se ben ao descanso o encontro chegou en táboas (14 a 14).

 

A igualdade do primeiro período non desapareceu na segunda parte, na cal asistimos ao principio á presentación dun marcador oscilante, que presentaba pequenas vantaxes de 1 ou 2 de goles de forma alterna para cada un dos conxuntos. A falta de 15 minutos para o final do encontro, o marcador estaba igualado a 20. Porén, nos minutos finais, un parcial de 5 a 9 dáballe a vitoria ao BM Cangas, no cal destacaron Alen Muratovic (con 7 tantos) e David García Barreiro (máximo goleador do encontro, con 9).

 

Desta forma, os galegos fican sextos na clasificación da ASOBAL, con 13 puntos. O mércores, terán unha boa ocasión de escalar postos na táboa. Para tal fin, deberán vencer a un dos grandes, o Ademar de León.

 

 

 

O BM Cangas vence en Burgos

Alen Muratovic

bottom of page