top of page

                                                                                                                                                                                                                    7 de Decembro de 2013

 

Despois do empate ante o Ademar León e da derrota deste mércores ante o BM Guadalajara, esta tarde o BM Cangas volveu ao camiño da vitoria na Liga ASOBAL, ao derrotar no Gatañal ao CBM Puente Genil por unha diferenza de 6 goles.

 

Os galegos dominaron o marcador e mais o encontro durante a primeira metade. Cun resultado de 13 a 9 nos primeiros 25 minutos, os cangueses lograban a máxima diferenza favorable do primeiro tempo. Porén, cun parcial de 1 a 4 nos últimos 5 minutos, os andaluces chegaban ao descanso con tan só un gol de desvantaxe (14 a 13).

 

O CBM Puente Genil só logrou unha situación de empate en dúas ocasións ao longo de todo o encontro. Unha delas, encontrámola á volta do intermedio, cando os visitantes lograban a igualada a 14 goles. Porén, un parcial de 3 a 2 nos primeiros dez minutos os galegos adquirían unha vantaxe de dous tantos (17 a 15). A defensa do BM Cangas era máis efectiva, e os locais non perdían as súas ocasións en ataque. Froito desta circunstancia, os de Pillo chegaron aos últimos 5 minutos cunha vantaxe de 8 goles (28 a 20), se ben finalmente quedou reducida en 2 tantos mercé ao 28 a 22 final.

 

Se houbo unha figura destacada na vitoria do BM Cangas, sen dúbida esa figura debeu ser o galego Suso Soliño, autor de 11 dos 28 tantos do seu equipo.

 

A xornada que vén, os cangueses visitarán a cancha dun dos grandes, o BM Granollers, segundo clasificado da ASOBAL. Oxalá alí encontren a mesma fortuna que os acompañou hoxe no Gatañal.

O BM Cangas volve ao triunfo

Suso Soliño

bottom of page