x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
O Pavillón Paco Paz de Ourense viviu esta tarde un derbi galego entreo Club Ourense Baloncesto e o CB Breogán á altura das circunstancias e cun final de infarto. Unha vez máis, McGee foi determinante.
O partido comezou coa igualdade que o caracterizou ao longo do seu desenvolvemento. Os breoganistas tomaban pequenas vantaxes de 4 ou 3 puntos, mais de contado eran contrarestadas polo Breogán. O primeiro cuarto rematou cun marcador de 17 a 18, feito que resume á perfección o que vimos de dicir.
O COB adiantouse por un punto ao comezo do segundo cuarto, mais ao longo do seu transcurso non volveu levar a dianteira no marcador. Os lugueses conseguiron encadear un parcial de 8 a 0 que deixou o marcador en 18 a 26 a falta de algo máis de catro minutos, e que favoreceu (xunto cunha tripla de Dani Rodríguez a falta de 2 segundos) a súa vitoria ao descanso por 26 a 34.
Non obstante, o COB aínda non dixera a súa última palabra. Por mediación dun parcial de 13 a 6, achegábanse a 1 punto a falta de 5 minutos para o final do terceiro cuarto, mais a boa actuación de McGee e unha canastra de Diouf sobre a bucina outorgáballe aos lugueses unha diferenza favorable de 9 puntos (41-50).
Mais os ourensáns nin moito menos baixaron os brazos. Lograron unha tripla ao comezo do derradeiro cuarto e, mercé a un parcial de 19 a 10, acadaban a igualada (60-60) a falta de 23 segundos. O seu esforzo, porén, non se viu recompensado, e antes de que bucina tocase McGee anotaba unha canastra que derrotaba ao COB e que sitúa ao CB Breogán colíder da LEB Ouro, empatado no alto da clasificación co Andorra (5 vitorias, 1 derrota).
O Breogán leva o derbi
