top of page

                                                                                                                                                                                                                 30 de Novembro de 2013

 

Non puido ser. O CD Burela realizou un dignísimo partido en Vista Alegre, mais finalmente acabou por sucumbir ao poderío do Inter Movistar.

 

O choque comezou con boas vibracións para os galegos. Aos tres minutos de xogo, adiantábanse no marcador grazas ao tanto do burelao Iago Míguez, orixinado nun saque de esquina efectuado por Isi.

 

O conxunto madrileño non vía o encontro ben parado e, aos cinco minutos de partido, Jesús Velasco dáballe entrada ao vigués Pola. Sería precisamente o galego quen, no minuto 6, lograse o tanto da igualada. Antes do descanso, no minuto 15, o portugués Ricardinho anotaría o 1 a 2.

 

A segunda parte principiaba cos laranxas por debaixo no marcador, se ben no minuto 22 os locais acadarían o empate por mediación dun lanzamento de Isi que, tocado por Ortiz, acabaría por se converter no 2 a 2. A resposta do líder non quixo demorarse na súa aparición, e no minuto 25 un lanzamento de Ricardinho perforaba de novo a meta local.

 

Porén, os galegos non carecían de motivación, e aínda lograrían empatar a 3 por mediación de Juanma. Non obstante, nunha marxe de tres minutos o Inter demostrou a súa calidade, e non perdoou. No minuto 29, Rivillos puña de novo aos visitantes por diante e, no 32, Ricardinho anotaba o terceiro da súa conta particular. Aínda acurtaría diferenzas o Burela no 36 por mediación de Matamoros (4 a 5) mais, finalmente, a igualada nunca chegaría.

O Burela non puido co líder

Pola

bottom of page