top of page

                                                                                                                                                                                                24 de Novembro de 2013

 

O CD Lugo caeu esta mañá no Anxo Carro ante o Sporting de Xixón por 1 gol a 3.

 

Nada facía prever este desenlace no minuto 5, cando Fernando Seoane adiantaba aos locais grazas a unha gran xornada persoal culminada en gol. O Lugo saíra en tromba, e ben puido aumentar o resultado ao seu favor neste minutos iniciais. Mais, conforme foron pasando os minutos, os galegos foron perdendo forza e os asturianos pasaron a ter as mellores oportunidades. No minuto 28, Luis Hernández lograba a igualada ao culminar con certa fortuna unha xogada que partía dun saque de esquina. Noutra xogada a balón parado orixinada no saque dun libre indirecto, Lekic anotaba o 1 a 2. Ben puido igualar o Lugo antes do descanso por medio de Pablo Sánchez e Sandaza, mais ao intermedio marchaban os visitantes por diante.

 

O Lugo saíu polo partido na segunda parte, mais foi o sporting quen encontrou a fortuna do gol, no minuto 52, por mediación de Scepovic. Isto provocou que os locais se botasen ao taque nos minutos restantes. Sandaza en varias ocasións, e sobre todo Renella no minuto 91, ben puideron acurtas as diferenzas, mais non tiveron fortuna.

 

Con esta derrota, o CD Lugo descende á cuarta posición, e queda só 1 punto por riiba do quinto, precisamente o Sporting de Xixón.

 

O CD Lugo cae ante o Sporting

Scepovic

bottom of page