top of page

                                                                                                                                                                                                24 de Novembro de 2013

 

Caeu esta tarde o CD Ourense no Municipal de Guijuelo ante o líder do Grupo I da Segunda B, o CD Guijuelo.

 

Nada facía esperar este desenlace no minuto 9, cando Álex Adiantaba aos vermellos. Non obstante, pouco tardaron os salmantinos en contestar, pois no minuto 11 o resultado xa era de 1 a 1 mercé ao gol de Valero. No minuto 32, o propio Valero puido anotar o segundo para os casteláns, mais o seu disparo cruzado saíu fóra.

 

Á volta do descanso, o Ourense recibía a peor noticia posible a través do gol de Pino. Era o 2 a 1. Desde ese momento os galegos atacaron, buscaron o partido, Adrián Cruz tivo algunhas ocasións que non puido converter. Este mesmo xogador, un dos máis activos do ataque dos galegos, sería expulsado no minuto 80 por dobre cartón amarelo. O CD Ourense non tivo forma de reaccionar, e o marcador non se moveu. Os galegos fican quintos na clasificación, a 4 puntos do líder.

 

O CD Ourense cae ante o líder

bottom of page