x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Decembro de 2013
Parece que a fortuna non quixo ser benévola co Celta B. Esta mañá, os galegos caeron no Campo de Barreiro ante o Burgos por 0 goles a 1.
A escuadra viguesa dominou o encontro desde os momentos iniciais, se ben a férrea defensa visitante impedía a creación de ocasións claras nos primeiros minutos. Javi Rey dispuxo dalgunhas ocasións, mais a actuación do porteiro Aurreko e a falta de puntería interpúñanse entre el e o camiño do gol. No minuto 38, Prats intentábao para o Burgos, cun lanzamento que saíu desviado á esquerda do marco celeste.
A segunda metade non mostrou grandes diferenzas respecto á primeira. No minuto 46 Maceira forzaba unha gran acción de Aurreko. No 53, Fernán Ferreiroa a piques estivo de inaugurar o marcador. Porén, no 58, un tanto de Soto en propia meta outorgáballe a vantaxe aos visitantes. Os celestes botáronse entón á procura do empate. Yelko Pino gozou dunha boa ocasión no 62, e no minuto 67 un defensor salvou na liña de gol un disparo de Añón. No 79, Antón case logra a igualada e, no 90, Thaylor estrelou un balón no pau. Consumábase deste xeito a inxusta derrota do Celta B.
O Celta B cae en Barreiro
