x
g d
Xornal
GALDEPORTE
17 de Novembro de 2013
No duelo de filiais disputado esta mañá no Campo de Mareo, o Celta B caeu ante o Sporting B.
Os locais tiveron as mellores ocasións do encontro. Ao inicio da primeira metade, no minuto 9 Yacine anotaba un gol para os xixoneses, mais o colexiado anulábao por fóra de xogo. No minuto 38, o propio Yacine Qasmi espetaba un balón no pau, e no tempo de engadido da primeira parte, Benito adiantaba aos sportinguistas.
Á volta do intermedio, os celestes non encontraban o seu xogo. David de Dios moveu entón o banco. No minuto 55, sentou a Yelko e a Marcos Torres para lle dar entrada a Aitor e Borja Fernández. No entanto, os cambios non evitaron que no minuto 52 Yacine estrelase outro balón na madeira, redondeando unha tarde de auténtica mala sorte para o francés. No minuto 66, Pablo Pérez anotaba o 2 a 0 final.
O Celta B cae en Xixón

Yacine Qasme, do Sporting