top of page

                                                                                                                                                                                                23 de Novembro de 2013

 

Esta tarde o filial celeste e mais o Oviedo asinaron táboas no Campo de Barreiro. Adiantáronse os visitantes por mediación de Alain no minuto 6. A xogada non estivo exenta de polémica, xa que os celestes reclamaron falta previa a Antón.

 

No minuto 23, Borja Iglesias igualaba o encontro de cabeza, ao aproveitar un centro de Marcos Torres. O Celta B dispuxo de ocasións para se adiantar antes do descanso, sobre todo por mediación dun lanzamento de falta de Antón que marchou desviado por pouco. Tamén tivo unha boa oportunidade o Oviedo no minuto 42, mais finalmente ambos os conxuntos marcharon aos vestiarios igualados a 1.

 

Os celtiñas estaban a ser superiores en xogo ao longo de todo o encontro. Porén, no minuto 60 eran os carbayones os que tomaban a dianteira de novo, por mediación de Javi Hernández. O Celta B botouse entón polo empate, mais non achaba fortuna nas súas innumerables ocasións. Só no 83 Aitor lograba a igualada a 2, a cal ben puido perigar no minuto 90, cando o colexiado anulou un gol dos visitantes por fóra de xogo. Ao final, o Celta B levou un empate que sabe a pouco.

O Celta B empata ante o Oviedo

bottom of page