x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
No Pavillón de Navia (Vigo) as xogadoras do Celta, lideradas por Marta Canellas (11 puntos, 6 rebotes, 3 asistencias e 13 de valoración) e por Begoña Pallardo (14 puntos, 5 rebotes, 2 asistencias e 12 de valoración), derrotaron esta tarde ao ABDA por un contundente 52 a 33.
Foi un partido de defensas, dominado en todo momento polas viguesas, aínda que as visitantes aguantaron o tirón no primeiro cuarto, o cal finalizaba con vantaxe de 3 puntos para as celestes (10-7).
O segundo cuarto foi unha exhibición celtiña. As locais, mercé a un gran traballo defensivo, conseguiron deixar en tan só 2 puntos ás rivais, acadando ao descanso un resultado de 34 a 9.
Na segunda metade, o Celta limitouse a manter a vantaxe obtida durante a primeira. Malia a reacción do ABDA no derradeiro cuarto (7 a 15), o encontro finalizou con vitoria para o Celta Baloncesto por 19 puntos de diferenza.
O Celta sitúase na cuarta posición da táboa clasificatoria.
O Celta Baloncesto vence ao ABDA
