top of page

                                                                                                                                                                                                                 30 de Novembro de 2013

 

Valiosa foi a vitoria que logrou esta tarde o Celta en Balaídos. E foino por dous motivos. O primeiro, pola importancia inherente á consecución dos tres punto sen calquera partido. O segundo, porque desta vezo  triunfos e produciu ante un rival directo na loita por eludir o descenso, a UD Almería.

 

Con todo, aos 9 minutos chegaba o sufrimento para a bancada céltica, pois Suso anotaba o 0 a 1 para os andaluces. No entanto, esta circunstancia provocou a reacción dos celestes que, até por tres veces por mediación de Charles, puideron lograr a igualada. Porén, o tanto do empate chegarían o minuto 26 das botas de Orellana.

 

O Celta procuraba marchara o descanso por diante no marcador, e acosaba a meta rival. Rafinha, Krohn-Dehli e incluso Charles, cunha xenial bolea despexada por Esteban e cun balón ao pau, tiveron ocasións para logralo, mai soa vestiario marcharon os equipos con empate a 1.

 

Ao inicio da segunda parte o galego Borja Oubiña, de cabeza, conseguíao  2 a 1. A bancada celeste estaba a gozar coa vitoria do seu equipo, aínda que de seguro que a máis de un o corazón se lle puxo nun puño cando Aleix Vidal, no minuto 55, case consegue a igualada par aos visitantes.

 

Mais, se houbo un xogador do Celta que buscou con insistencia o marco rival, ese foi Charles. No minuto 58, o brasileiro recibiría como premio aos eu traballou o tanto da tranquilidade.

 

O Celta gustábase nos minutos finais, nos cales ben puido ampliara  diferenza. Non obstante, a pelota non quixo entrar, e o resultado quedaría en 3 a 1.

O Celta gaña en Balaídos

bottom of page