x
g d
Xornal
GALDEPORTE
30 de Novembro de 2013
No cuarto posto da clasificación, e a tan só a unha vitoria da tríade de líderes (Universitario de Ferrol, Ensino e Al-Qáceres), encontramos a un sólido Celta Baloncesto. As viguesas sumaron hoxe o seu cuarto triunfo da temporada no Pavillón de Navia da cidade Olívica. A vítima, o Aros León.
A clave do primeiro cuarto estivo na defensa, de modo que as galegas deixaron unicamente en 9 puntos ás súas opoñentes (15 a 9). Porén, a historia do segundo período foi ben distinta. Agora eran as celestes as incapaces de superar a defensa dunha escuadra leonesa que, ademais, gozaba de maior efectividade ofensiva. Desta forma, ao descanso as locais perdían por 9 puntos (25 a 34).
Porén, o segundo cuarto supuxo unicamente unha excepción no transcurso do encontro. Á volta do descanso, de novo cunha gran efectividade defensiva, as célticas só lle permitiron ás leonesas anotar 4 puntos, feito que lles permitiu reducir a desvantaxe en 6 puntos (35 a 38). No cuarto e definitivo período, as galegas non tiveron compaixón das rivais e, cun parcial de 28 a 6, levaban o partido por 63 a 44.
Unha vez máis, é destacar o bo encontro realizado pola canteirá María Araujo (21 puntos, 8 rebotes, 2 asistencias, 3 recupracións e 32 de valoración).
O Celta somete ao Aros León

María Araújo