top of page

                                                                                                                                                                                                                    6 de Decembro de 2013

 

Non está a ser o principio da temporada 2013/14 o mellor inicio de liga do Club Ourense Baloncesto. Esta noite, os galegos apañaron no Paco Paz ante o Clínicas Rincón de Málaga a súa oitava derrota.

 

Os galegos, no entanto, realizaron un bo arranque de partido e, aos dous minutos de xogo, vencía por 4 a 7. No entanto, o primeiro acto caracterizouse pola igualdade, e ao seu final os ourensáns, mercé a un parcial de 4 a 0, conseguían marchar por diante no marcador (20 a 18). O partido semellaba favorable para os intereses do COB, e aínda máis a falta de dous minutos para a finalización da primeira parte, cando o cadro galego lograba a máxima de +12 (41 a 29), reducida a 8 puntos ao descanso (41 a 33).

 

Á volta do intermedio, o COB manexou o partido con solvencia, e mantivo durante a maior parte do tempo unha marxe de vantaxe situada nos 7 puntos, se ben ao final do terceiro período os malagueños conseguían situarse a 2 (52 a 50). Unha vez máis, os ourensáns pagaba os esforzo e, no derradeiro cuarto, malia a igualdade manifesta no resultado, semellaba que nos derradeiros minutos a dinámica de encontro favorecía ao Clínicas Rincón. Co partido en 61 a 62 a falta de 38 segundos, Morayo anotaría dous lanzamentos libres para os visitantes. Huertas erraría no ataque dos galegos e, tras falta previa, Guillén anotaría o 61 a 66. Faltaban 17 segundos. Os ourensáns intentárono nos derradeiros instantes, mais finalmente caeron por 61 a 68.

 

 

O COB non levanta cabeza

bottom of page