x
g d
Xornal
GALDEPORTE
23 de Novembro de 2013
Vitoria do Cortegada en Fontecarmoa ante Celta Baloncesto no segundo derbi galego da xornada da Liga Feminina 2, triunfo que lle permite ás vilagarcianas coller aire na clasificación.
No primeiro cuarto, asistimos a un encontro de poucos puntos, no cal o Celta foi quen de deixar en tan só 7 puntos ás locais, cun parcial de 7 a 12 ao seu final. Non obstante, no segundo período serían as xogadoras do Cortegada as que se vingarían das celestes, cun parcial final de 16 a 7 que deixaba en 23 a 19 o marcador ao descanso.
O intermedio non foi inconveniente para o Cortegada. Coa mesma contundencia defensiva, lograba dispararse no marcador cunha diferenza de +13 (41 a 28). Só no último cuarto o Celta Baloncesto deu síntomas de recuperación, e aínda que rebaixou a diferenza en 7 puntos, non foi suficiente (54 a 48).
As xogadoras do Cortegada Monserrat Gilabert (9 puntos, 3 rebotes, 10 asistencias, 2 recuperacións e 16 de valoración), Laura Aliaga (13 puntos, 10 rebotes, 1 asistencia, 1 recuperación e 16 de valoración) e Mame Coumba Sy (7 puntos, 15 rebotes, 1 recuperación e 16 de valoración) foron as figuras destacadas do encontro.
O Cortegada derrota ao Celta

Laura Aliaga