x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
Á terceira foi a vencida. O Cortegada estreou o seu casilleiro de vitorias esta tarde en Fontecarmoa ante un Universidad de Oviedo que foi pouco máis que convidado de pedra.
As galegas, lideradas por Salomé García Segura (15 puntos, 6 rebotes, 1 recuperación e 19 de valoración) e por Mame Coumba Sy (12 puntos, 8 rebotes e 18 de valoración) impuxeron o seu ritmo no primeiro cuarto, durante o cal acadaron unha vantaxe de 9 puntos (20-11), a cal manterían até o descanso (31-22).
A igualdade do segundo cuarto foi apenas unha miraxe para as ovetenses, que viron como as vilagarcianas as freaban con acerto os seus ataques á volta do intermedio. O terceiro cuarto saldouse cun esmagador 22 a 8 e, aínda que as visitantes reaccionaron no último cuarto, por fortuna os seus esforzos foron insuficientes, de modo que ao remate do encontro o marcador reflectía 70 a 52.
A semana que vén, o Cortegada viaxará a Ferrol para se enfrontar ao Universitario.
O Cortegada estréase ante o Universidad de Oviedo
