x
g d
Xornal
GALDEPORTE
10 de Novembro de 2013
O conxunto vigués do Coruxo CF caeu derrotado hoxe no Estadio Municipal Hermanos Antuña por 3 a 2 ante o Caudal Deportivo.
Adiantáronse os galegos no marcador no minuto 10, mercé a un gol de Chaco, o cal sería contestado no 25 por Borja Navarro (1-1). O Coruxo tivo no minuto 35 a oportunidade de tomar de novo a dianteira no marcador mercé a un lanzamento de penalti efectuado por Antúnez que detivo o meta local Javi Díaz.
Antes do descanso, un acción desafortunada de Yago Yao convertíase nun gol en propia meta e transformábase no 2 a 1.
Pouco despois da volta do intermedio, os galegos tiveron que sofrer a baixa de Damiá, quen tivo que retirarse lesionado.
No 56, Yago Yao tivo ocasión de emendar o seu erro da primeira metade ao anotar o 2 a 2 para o Coruxo. No entanto, no minuto 59, Míchel poría o 3 a 2 definitivo.
O Coruxo cae en terras asturianas

Sergi, xogador do Coruxo