top of page

                                                                                                                                                                                                24 de Novembro de 2013

 

Mal resultado para os vigueses co Curuxo CF, que esta semana caeron derrotados no Román Suárez Puerta ante o Real Avilés por 2 goles a 0.

 

Aos tres minutos de xogo, os galegos xa encaixaran o seu primeiro tanto. Un erro defensivo dos galegos aproveitábao Álex Arias para transformar o 1 a 0. Pouco despois, García salvaría desde debaixo dos tres paus o segundo. Aínda por riba, no minuto 21 a mala sorte petaba na porta dos galegos, pois Yago Yao retirábase lesionado. Malia todo, no 37 ben puido igualar Besada para os verdes cun disparo que saíu a rentes da meta rival. Porén, xusto antes do descanso, outro erro en defensa case provoca un novo tanto local.

 

Á volta do descanso, o partido non mostrou unha cara moi diferente. Con todo, no minuto 53 Antúnez tivo unha oportunidade para o empate. Estaba claro que non era o día do Coruxo, sensación que quedou corroborada co segundo tanto rival. Con máis fortuna que calidade, Camochu puña o 2 a 0.

 

Lesións, erros defensivos, boa sorte do locais, ocasións desaproveitadas... parecía que todo se conxuraba en contra dos galegos que, no minuto 92, viron como lles escapaba incluso o tanto da honra, pois o lanzamento de falta de Sergi estralábase no pau. E é que, como diría Filipe II despois do desastre da Armada Invencible, Rafa Sáez podería declarar iso de: “eu mandei os meus futbolistas a xogaren contra o Avilés, non contra os elementos”. 

 

 

O Coruxo perde ante o Avilés

bottom of page