x
g d
Xornal
GALDEPORTE
21 de Novembro de 2013
O CP Cerceda é o rei do empate da OK Liga, pois ningún outro conxunto se aproxima ás súas 5 igualadas. A última, a de hoxe no González Laxe ante o Reus Desportiu.
Apenas tiñamos 1 minuto de xogo cando Albert Casanovas, cun disparo desde o medio campo, batía a meta de Martín Barros “Neto” e puña por diante aos visitantes. O tanto serviu de estímulo para os cataláns, que nos primeiros minutos acosaban asediaban a portería dos galegos sen que estes puidesen facer nada por impedilo.
Mais o CP Cerceda non se deixou intimidar. No minuto 11, David Torres conseguía a igualada (1-1). Agora eran os cercedenses os que levaban a iniciativa en ataque. No 18 Joan Grasas, de penalti, dáballe a volta ao resultado e, uns segundos despois, Gonzalo Pérez culminaba con éxito un contragolpe, acción que significou o 3 a 1 co que se chegou ao descanso.
Á volta do intermedio, os dous conxuntos procuraban a meta rival, mais só o Reus achou fortuna no seu intento. Todo cambiou a partir dunha acción de José Ramón López que, tras darlle unha labazada a un rival, foi sancionado con cartón azul. O Reus Desportiu dispuxo dun penalti que lanzou Albert Casanovas e que detivo Neto, mais a mala fortuna quixo que o rexeite caese propicio para o propio Casanovas, que converteu o 2 a 3. Pouco despois, Jordi Adroher anotaba o 3 a 3 definitivo.
Nos últimos minutos, ambos os equipos loitaron pola vitoria, mais ningún puido achala. Ao final, meritorio empate do CP Cerceda que obtén, polo menos 1 punto, do primeiro envite da “liga dos grandes”.
O CP Cerceda volve ao empate

Joan Grasas