x
g d
Xornal
GALDEPORTE
17 de Novembro de 2013
O Deportivo segue na boa dirección para acadar o ascenso. Hoxe, os herculinos derrotaron en Riazor con solvencia a un rival sempre difícil, como é o caso do Mallorca.
Os primeiros minutos de encontro foron realmente atractivos. Os dous equipos querían a pelota, procuraban a meta rival e intentaban acadar o primeiro tanto. O marcador inaugurouno Luisinho no minuto 23, ao culminar unha xogada realizada pola banda dereita. Pouco despois, no 27, Geromel cometeu unha falta por man que foi castigada polo colexiado con cartón amarelo. Era o segundo. Os visitantes quedaban con dez.
Con superioridade numérica e co resultado a favor, o Deportivo parecía que tiña o partido de cara. Esta sensación viuse aumentada cando Luís Fernández, ao aproveitar un rexeite de Miño, transformaba o 2 a 0 co que se chegou ao descanso.
Á volta do intermedio, o Mallorca quixo darlle algo de emoción ao partido e, mercé a un gol de Víctor no 48, metíase no partido. Porén, sete minutos despois Marchena contestaría co 3 a 1 definitivo.
No tempo restante, o Mallorca era un xoguete nas mans dun Deportivo que non quixo facer sangue. Ao final, vitoria importante dos branquiazuis que os consolida na segunda posición, a un punto do líder, o Recreativo de Huelva.
O Depor segue no bo camiño

Luís Fernández