x
g d
Xornal
GALDEPORTE
30 de Novembro de 2013
Outra semana máis, a fortuna non quixo que o Emevé Élide trouxese unha vitoria para Lugo. Desta vez, os galegos caeron en Soria en catro sets ante o Río Duero San José.
Desta vez, o encontro estivo moi disputado, e finalmente acabou por se resolver en diferenzas cortas. De feito, no primeiro set os locais vencían por 25 a 20 e, no segundo, por 25 a 23.
O terceiro set foi o da esperanza para un Emevé Élide que recibía o premio polo traballo desenvolvido durante o resto do encontro (25 a 27). Porén, a sorte non quixo acompañalos e, o cuarto set, acabou por se converter en definitivo (25 a 20).