x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
Importante vitoria a colleitada polo Ensino esta tarde ante o Universidad de Valladolid no Pavillón Universitario “Fuente de la Mora”, nun partido intenso e baixa puntuación, en que Mireia Navarrete (18 puntos, 10 rebotes, 1 recuperación e 25 de valoración) foi a figura destacada.
As galegas querían manter o liderado da clasificación, e desde o principio puxeron todo da súa parte para conseguilo. Ao final do primeiro cuarto, levaban xa as luguesas unha vantaxe de 5 puntos (15 a 20), a cal conseguiron incrementar a 7 no descanso (28-35).
Tras o descanso, asistimos o encontro convértese nun escenario en que as defensas priman sobre os ataques, chegándose ao final do terceiro cuarto cun marcador parcial de 9 a 8. As locais lograban baixar a desvantaxe a 6 puntos, mais no derradeiro cuarto as xogadoras do Ensino non perdoaron e, cun bo balance ofensivo-defensivo, lograron levar o partido por 46 a 57, un resultado que lles permite manterse, unha semana máis, á fronte da Liga Feminina 2.
O Ensino gaña e segue líder
