top of page

                                                                                                                                                                                                                 30 de Novembro de 2013

 

Hoxe no Pazo dos Deportes de Lugo, máis que de baloncesto, debía falarse do frío intenso, o cal obrigou ás xogadoras do Cortegada a se taparen con mantas no banco, tal e como era habitual en épocas xa bastante pretéritas.

 

Por outra parte, a xornada de hoxe o Ensino tivo valioso detalle coa Asociación da Síndrome de Dawn de Lugo, xa que hoxe celebrou o Día do Deporte Inclusivo. Por esta causa, o club lugués quixo demostrarlle ao público antes do encontro que a practica deportiva é unha ferramenta moi útil para a integración social das persoas discapacitadas e para a creación de novas amizades.

 

Mais, como diciamos no primeiro parágrafo, o ambiente estaba moi frío e, o partido, iniciou conxelado. Ao final do primeiro cuarto, o marcador era de 13 a 10. Porén, o segundo período para as luguesas nada tivo que ver co primeiro. Nun gran segundo cuarto, o Ensino varreu da pista ás vilagarcianas, marchando ao descanso cunha vantaxe de +17 (42 a 25).

 

O repouso do intermedio sentoulle ben aos equipos. O Cortegada chegou tarde ao partido e, malia disputar un bo terceiro cuarto, apenas puido acurtar diferenza en dous puntos (60 a 45). No derradeiro período o Cortegada continuou a loitar por non deixarse ir no marcador, mais os seus esforzos non deron o resultado esperado, de modo que ao final do encontro o Ensino gañaba o partido por 16 puntos (78 a 62). De pouco valeu o partidazo de Monserrat Gilabert que, con 27 puntos, foi a segunda máxima anotadora do choque. Só a superou a MVP do encontro, a xogadora do Ensino Verónica Matoso que, con 33 puntos, 17 rebotes, 4 asistencias e 2 recuperacións, sumaba nin máis nin menos que 36 puntos de valoración.

O Ensino leva o derbi do frío

Banco do Cortegada

bottom of page