x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Novembro de 2013
O facho olímpico dos xogos de inverno de Sochi 2014 chegou moi arriba. A Estación Espacial Internacional (EEI) recibiu hoxe o símbolo por antonomasia das Olimpíadas. Os tres astronautas tripulantes, Mihaíl Tiurin, Rick Mastracchio e Koichi Wakata (de nacionalidade rusa, estadounidense e xaponesa) portarán co facho durante unha camiñada espacial, a cal terá lugar o sábado sobre a superficie da EEI.
Para que o facho poida estar acendido, crearase unha chama similar á terrestre, mais exenta de gas.
A canle de televisión RT retransmitiu en directo este acontecemento.