x
g d
Xornal
GALDEPORTE
16 de Novembro de 2013
Ao HC Liceo parece que lle senta ben esta parte do Outono. Os coruñeses seguen imparables, e hoxe deron unha exhibición ante o Igualada.
Adiantáronse os galegos no marcador de penalti, por mediación de Toni Pérez. Pouco despois, Juan José López faría unha dupla que deixaría o marcador en 3 a 0.
A falta de 11 minutos con 30 segundos para o final do primeiro tempo, Antoni Baliu Pique reducía diferenzas para os visitantes (3-1), mais Lucas Ordóñez e Eduard Lamas (de penalti) deixarían o marcador ao descanso en 5 a 1.
Na segunda parte, os galegos dedicáronse a administrar a vantaxe obtida, sen por iso deixar de buscar a meta rival. Lucas Ordóñez, a falta de algo máis de cinco minutos para o final do encontro, marcaría o sexto. Co encontro decidido, Domenech efectuaría un saque de falta directa que culminaría en tanto para o Igualada. Era o 6 a 2 definitivo.
Os de Carlos Gil avanzan con paso firme na OK Liga e, con 4 vitorias e 1 derrota, consolídanse na terceira praza.
O HC Liceo segue imparable

Carlos Gil