top of page

                                                                                                                                                                                                21 de Novembro de 2013

 

Novo triunfo do HC Liceo, desta vez a domicilio ante CP Vilafranca. Porén, desta vez non foi unha vitoria ampla nin cómoda, senón unha vitoria moi traballada ante un rival duro en defensa que aguantou as acometidas liceístas, mais finalmente sucumbiu. Os locais foron quen de se manteren co 0 a 0 até o fío do descanso, cando Toni Pérez convertía o 0 a 1 para o cadro galego.

 

Á volta do intermedio, nos segundos iniciais, os galegos recibían unha mala noticia en forma de gol de empate (1-1), tanto atribuído pola web da OK Liga a Xavier Caldú. No entanto, a falta de 15 minutos para o final Lucas Ordóñez anotaba o tanto da vitoria herculina (1 a 2). O CP Vilafranca dispuxo dunha ocasión para igualada a falta de 10 minutos para o final a través dun lanzamento de falta directa de Xavier Caldú que non achou fortuna.

 

Con este resultado, e co empate do Reus Desportiu en Cerceda, o HC Liceo ascende á segunda posición da OK Liga e, con 16 puntos, sitúase a 5 do líder, o invicto FC Barcelona.

O HC Liceo suma un novo triunfo

bottom of page