top of page

                                                                                                                                                                                                                   9 de Novembro de 2013

 

O HC Liceo debutou con vitoria na Champions League da CERH. Esta tarde, venceu ao conxunto italiano do Amatori Lodi no Pavillón Municipal de Riazor.

 

Xa no primeiro minuto, os coruñeses adiantábanse no marcador mercé a un gol de Jordi Bargalló. No entanto, o Lodi conseguiría contrarrestar este tanto por mediación de Iluzzi, quen transformou un penalti.

 

Pouco durou a igualada. Antes do descanso, Lucas Ordóñez e Eduard Lamas dábanlle, con cadanseu gol, unha vantaxe de dous tantos aos liceístas (3 a 1).

 

Neste encontro o veterano Jordi Bargalló demostrou a súa categoría adquirida de forma sólida ao longo da súa carreira. Á volta do intermedio, o catalán anotou o segundo tanto na súa conta particular e dáballe o cuarto ao Liceo. Uns minutos despois, o propio Bargalló asistiría para que Lucas Ordóñez confirmase o seu bo estado de forma mercé a outro tanto.

 

Toni Pérez non quixo deixar de participar na festa dos herculinos, e contribuíu co sexto gol. O tanto dos italianos, a pouco do final, quedou nunha anécdota.

 

Con este 6 a 2, o HC Liceo dá un golpe sobre a mesa no partido inicial. Veremos que futuro lle agarda nesta Champions League 2013-2014.

O Liceo debuta con vitoria

Jordi Bargalló

bottom of page