x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Decembro de 2013
Nos últimos minutos escapoulle esta noite no Anxo Carro ao CD Lugo o empate ante o Alcorcón.
Xa no primeiro minuto os visitantes gozaron dunha boa ocasión por mediación de Pacheco. Até o minuto 11, porén, non se produciu a resposta albivermella. Seoane chegou á área co balón, mais o seu disparo foi demasiado cruzado e saíu fóra. Neste momento do partido, os locais xeraban ocasións de gol que, finalmente, non se materializaban. Manu, Pablo Sánchez e Iago Díaz atacaban sen éxito a meta amarela.
A segunda parte comezou co Alcorcón decidido pola vitoria e, no minuto 47, Iribas inauguraba o marcador cun remate de cabeza.
Unha vez logrado o tanto, os madrileños botaríanse atrás, e serían os galegos os que levasen o peso do choque. Froito desta situación, no minuto 72 Sandaza, a centro de Iván Pérez, conseguía a igualada.
Co empate a 1 o encontro púñase óptimo para os lugueses, e aínda cobraría mellores perspectivas a raíz da expulsión de Hector Verdés, que deixaba aos visitantes con 10.
O Lugo apertaba, conseguía boas ocasións, como o disparo de Seoane que saíu moi preto do traveseiro. Porén, sería de novo Iribas o que, no minuto 89, rematase só ante José Juan para o 1 a 2. Xa non había tempo para reaccionar. O Lugo caía, de forma inxusta, no Anxo Carro.
O Lugo cae ante o Alcorcón
