x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
Esta tarde o CD Lugo igualou a 1 no Anxo Carro ante o Real Murcia.
Os saíron durmidos, a piques estiveron de pagalo caro. Xa no minuto 5, os visitantes tiveron unha aproximación á meta de Juan José, cun disparo de Acciari que saíu desviado por riba da portería. Non foi este un partido moi lúcido dos lugueses nos minutos iniciais, e o encontro transcorría sen ocasións para ningún dos dous conxuntos. No 25 De Coz daba un aviso por parte dos murcianos. Os locais comezaron a apertar, e no minuto 28 viron como lles era anulado un gol por fóra de xogo.
Os momentos iniciais da segunda parte non deixaron nada novo, se exceptuamos o gol de Saúl para os visitantes no minuto 57. A partir deste intre, viviron os pimentoneros os seus mellores minutos, que con ocasións de Kike e de Eddy puideron marcar o segundo.
Mais, neste caso por fortuna, cumpriuse a máxima de que o que perdoa acaba pagándoo. No minuto 81, Ernesto realiza un saque de esquina que remata Carlos Pita á rede.
O CD Lugo suma 22 puntos e mantense segundo na clasificación á espera do que faga mañá o Deportivo.
O Lugo empata ante o Murcia
