x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Decembro de 2013
Non puido ser. O Obradoiro intentouno, mais finalmente os cinco minutos da prórroga separaron aos galegos da súa terceira vitoria consecutiva. Os composteláns caeron no Fontes do Sar ante o Gran Canaria por 77 a 83.
O primeiro cuarto estivo marcado pola igualdade. Nos seus primeiros instantes, os puntos chegaban con pingueiras. No minuto 3, de feito, o marcador era de 2 a 3. E é que o Gran Canaria, malia todo, levaba a iniciativa no marcador, e incluso conseguiu unha vantaxe de 6 puntos (6 a 12), reducida a 2 a falta de dous minutos (12 a 14), se ben ao final do período inicial o marcador era de 14 a 20.
Mais os santiagueses aínda non demostraran a súa mellor versión. Esta apareceu ao comezo do segundo cuarto momento en que, cun parcial de 12 a 3, os locais conseguían novamente a dianteira no marcador (26 a 23), un dianteira que se mantivo até o descanso (36 a 31). Xusto antes do intermedio, Xanthopoulos deleitounos cunha soberbia tripla desde a zona do seu campo, a cal non subiu ao marcador porque os colexiados estimaron que se producira fóra de tempo.
O terceiro cuarto tivo un principio desagradable para os galegos. Con dúas triplas consecutivas producidas en cuestión de segundos durante o primeiro minuto, os canarios volvían a se pór por diante (36 a 37), situación que manexaron en todo o período, o cal finalizou con marcador de 46 a 50.
Mais o Obradoiro reaxiu nos momentos iniciais do derradeiro cuarto, nos cales lograba un parcial de 6 a 1 (52 a 51). O encontro marchaba rodado par aos galegos, e todo parecía apuntar á cuarta vitoria, sobre todo no último minuto, cando vencía por 5 puntos (66 a 61). Mais un tripla de Tomás Bellas, unha boa defensa do Gran Canaria e mais unha canastra de Newley a falta de 15 segundos provocaba na prórroga.
No tempo engadido o conxunto santiagués, talvez como consecuencia do esforzo, non mostrou o nivel competitivo desexado. Aínda por riba Eulis Báez, desaparecido até aquel intre, rachou o partido cunha tripla. Ao final, os canarios levaba no triunfo por 77 a 83.