x
g d
Xornal
GALDEPORTE
1 de Decembro de 2013
Non puido o CD Ourense levar a vitoria esta tarde no Couto ante o Zamora, malia que as circunstancias durante moito tempo foron favorables para tal fin, malia o feito de que no minuto 2 os visitantes visen como lles era anulado un tanto. Dos zamoranos foron os minutos iniciais, e de feito o meta Manu Táboas tivo que empregarse a fondo nos compases iniciais do encontro. Aínda por riba, no minuto 16 Moisés caía na obriga de abandonar o terreo de xogo por causa dunha lesión.
Non o estaban a pasar ben os galegos mais, porén, todo cambiou cando no minuto 23 o colexiado sancionaba con penalti e expulsión unha acción de Ramiro, central do Zamora. Iker Alegre convertería e pena máxima e anotaría o 1 a 0 co que se chegou ao descanso.
Con superioridade numérica, o CD Ourense saíu decidido a matar o partido e, ao inicio da segunda parte, Iker Alegre probaba sorte cun potente disparo que saíu desviado. No 72, Gustavo Souto puña proba a Imanol. Sería precisamente o gardameta visitante o que, nos últimos minutos, desbarataría unha gran ocasión de Borja Valle.
Todo parecía indicar que os vermellos habían sumar os tres puntos. Porén, un tanto de Santos no minuto 90 dáballe a igualada ao Zamora (1-1).
O Ourense empata no Couto

Iker Alegre