x
g d
Xornal
GALDEPORTE
14 de Novembro de 2013
O Postdam alemán conseguiu esta noite eliminar ao Olympique de Lyon e acadar os oitavos de final da Champions League de fútbol feminino.
Intentábano primeiro as francesas. Schelin dispuxo dalgunhas ocasións, mais non conseguía ver porta. No entanto, o seu equipo tomaba as rédeas do partido e da eliminatoria no minuto 11 mercé ao gol de Abily. O Olympique de Lyon vencera por 0 a 1 no partido de ida, e con este tanto poñía a eliminatoria nunha situación moi favorable.
O Postdam non se encontraba cómodo no partido nos minutos iniciais, sometido ao acoso do Lyon. Aínda así, no 33 a capitá Stefanie Draws, facendo honra ao significado do seu apelido en inglés, poñía as táboas (1-1) e abríalle ao equipo alemán a porta da esperanza.
Á volta do descanso, coa eliminatoria a favor, o Lyon pareceu relaxarse, e o Postdam mostrouse máis activo. No minuto 72 unha acción defensiva da xaponesa do conxunto francés, Kumagai, era sancionada con penalti. A norueguese Mjelde transformaría a pena máxima.
Co resultado da ida, ao Lyon escapáballe a eliminatoria porque o Postdam anotara máis goles en campo contrario. No entanto, as francesas non conseguiron remendar a situación nos minutos finais, e o conxunto alemán clasificábase para os oitavos de final da Champions League.
O Postdam elimina ao Lyon

Stefanie Draws