x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
Esta tarde o Santiago Bernabeu foi testemuña da avultada vitoria do Real Madrid ante a Real Sociedade.
O Madrid estivo moi activo en ataque desde inicio e, aos 8 minutos, Cristiano Ronaldo espetaba un balón no pau. Pouco despois, no 15, o portugués faría o primeiro da súa conta particular.
Sen tempo para reaccionar o rival, Kareem Benzema anotaría no minuto18 o 2 a 0. No 25, o colexiado castiga con penalti a favor do Real Madrid unha dubidosa man do defensor visitante. Alén diso, a xogada parece que inclúe unha falta previa de Benzema non sinalada polo árbitro. Mais, polémica á parte, Cristiano Ronaldo realizaría o lanzamento e convertería o 3 a 0. Antes do descanso, Khedira anotaría o 4 a 1 ao culminar unha xogada combinativa.
No intermedio, a Real realizou un dobre cambio: Zurutuza e De la Bella ocupaban o lugar de Gorka e Seferovic. Os cambios déronlle maior seguridade aos donistiarras, que no minuto 61 recurtarían por mediación de Griezman.
Antes culminarse o tempo regulamentario, Cristaino Ronaldo anotaría no 76 o 5 a 1. Alén dun paradón do galego Diego López no minuto 86, o partido non tivo máis historia.