top of page

                                                                                                                                                                                                                    5 de Decembro de 2013

 

Esta noite o Mediolanum Forum foi testemuña da oitava vitoria do Real Madrid na Euroliga. Con todo, non foi un triunfo doado, xa que os locais presentaron un partido moi físico e, en determinados momentos do encontro, pasou por relativos apuros.

 

Nos primeiros minutos os brancos foron incapaces de penetrar a zona local. O Emporio Armani Milán só lles permitía anotar desde a liña de 3 puntos, e o acerto exterior mantiña a flote aos madridistas. Porén, no ecuador do primeiro cambio cambiaron as circunstancias, e cun parcial de 3 a 14, lograban unha vantaxe de 9 puntos, reducida a 4 ao final do período.

 

No segundo cuarto, porén, as circunstancias foron diferentes. Cun parcial xeral do período de 15 a 25, o Real Madrid chegaba ao descanso cunha diferenza favorable de +14 (34 a 48).

 

Todo parecía sinalar cara a outra vitoria cómoda dos madrileños. Incluso ao final do terceiro período, malia que o Milán impuxo a súa mellor versión en defensa, o Real Madrid aumentaba á conclusión do terceiro acto a súa vantaxe en 3 puntos (46 a 63). O choque tiña boa pinta para os madridistas, mais no derradeiro cuarto os italianos apertaron, de modo que reduciron as distancias a 7 puntos (71 a 78). Talvez, se o encontro durase un minuto máis, quen sabe se teríamos que falar da primeira derrota dos de Pablo Laso.

O Real Madrid vence ao Milán

bottom of page