top of page

                                                                                                                                                                                                                    2 de Decembro de 2013

 

O Salnés xa listo para acoller, esta fin de semana (entre o 6 e 8 de Decembro) o II Torneo Internacional Deputación de Pontevedra "O Salnés" das categorías cadete e infantil (masculina e feminina).

 

Cambados, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo serán as sedes deste segunda edición na cal, por primeira vez, admite a participación das seleccións das dúas categorías mencionadas.

 

Galiza, Asturias, Cantabria e Castela e León conforman o cadro de seleccións na categoría infantil masculina e feminina. Na cadete, alén das xa mencionadas, inclúese a selección sub 16 de Portugal no apartado masculino e a selección da rexión de Brabant (Holanda) no feminino.

 

Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de Balonmán, agradeceu a colaboración da administración, mais tamén a do sector da hostalaría polo feito de non subir os prezos ao abeiro da competición e por acolleren os hoteis a máis de 500 persoas en tres días.

 

Este Torneo Internacional do Salnés será un bo barómetro para as seleccións galegas de cara ao Campionato de España, que terá lugar en Asturias entre os días 2 e 7 de Xaneiro.

O Salnés xa está listo

bottom of page