x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Novembro de 2013
Caeu esta noite o Santiago FS na casa do líder, nun encontro en que os composteláns levaron un castigo quizais excesivo tendo en conta o desenvolvemento do partido e a amplitude da vitoria do Inter Movistar.
Nos minutos inciais, os composteláns procuraron con insistencia o gol. Barroso e Palomeque tiveron ocasións para adiantar ao Santiago FS, que finalmente vería recompensado o seu esforzo no minuto 16 mercé ao tanto do galego Quintenla, o cal permitiu que os visitantes lograsen marchar ao descanso co marcador favorable de 0 a 1.
Porén, no segundo tempo asistimos á reacción dun Inter moito máis efectivo. Aos 24 minutos, a ala vigués Adrián Alonso Pereira “Pola” lograba empatar o partido. Ironía do destino, sería o galego verdugo dos galegos, pois no minuto 34 poría o 2 a 1. Pouco despois, o madrileño Rivilla anotaba o 3 a 1 e, sen tempo para repoñerse, no 38 os composteláns encaixarían o 4-1 definitivo, obra de Bateria.
Nos instantes finais, o Santiago FS procurou con insistencia un tanto que nunca chegou.
O Santiago Futsal cae ante o Inter Movistar

Pola