top of page

14 de Novembro de 2013

 

O Tyresö da galega Verónica Boquete segue con paso firme na Champions League feminina. Se na ida venceu por 2 a 1 ao Fortuna, hoxe rubricou o seu pase aos oitavos de final desta competición cunha goleada.

 

O Tyresö foi o gran dominador do encontro. No minuto 15 Engen adiantou ás suecas aproveitando unha asistencia de Klingenberg. O acoso do Tyresö á meta rival era unha constante, e no minuto 27 a brasileira Marta creaba unha xogada que culminaria no gol de Van de Ven.

 

A piques de chegar ao descanso, chegarían dou goles mais para o Tyresö. No minuto 45, Marta anotaria o 3 a 0. O cuarto, no desconto da primeira parte, correu a cargo de Verónica Boquete, nun lanzamento de falta.

 

Na segunda parte non houbo máis goles. Olar tivo algunhas ocasións para reducir as diferenzas no marcador, mais non as culminou con fortuna. Ao final, vitoria por 4 a 0 para o Tyresö que, cun 6 a 1 de resultado final, demostrou a súa autoridade.

 

 

O Tyresö golea ao Fortuna

Verónica Boquete

bottom of page