x
g d
Xornal
GALDEPORTE
9 de Novembro de 2013
As xogadoras do Universitario de Ferrol están decididas a confirmar o seu bo momento de xogo. Esta tarde, venceron ao Al-Qáceres en Estremadura por 86 a 87, nun partido trepidante, que se tivo que resolver na prórroga.
A igualdade foi a nota predominante do encontro. As de Lino López souberon aguantar os envites das locais, e ao final do primeiro cuarto dominaban o marcador por 14 a 18.
O segundo cuarto foi intenso e de baixa puntuación. Non obstante, mantivo a tónica da igualdade, e ao descanso se chegaba co marcador parcial de 24 a 28 para as galegas, as cales non tiñan forma de se despegaren no marcador. Ao final do terceiro cuarto, mantiñan a vantaxe de 4 puntos (43-47). Mais as locais non estaban dispostas a dar o encontro por perdido, e no derradeiro cuarto, cun parcial de 20 a 16, forzaron a prórroga. Nos 5 minutos engadidos, un parcial de 7 a 8 outorgáballe a vitoria ao Universitario de Ferrol.
Unha vez máis, entre as ferrolás destacou Marta Tucanda que, con 32 puntos, 13 rebotes e dúas recuperacións conseguiu 40 puntos de valoración.
O Universitario de Ferrol derrota ao Al-Qáceres
