x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Novembro de 2013
O Unicaja do galego Fran Vázquez caeu derrotado esta noite ante o Bayern de Múnic por 82 a 68. Non foi o mellor encontro do chantadino, que en 17:22 minutos anotou 2 puntos, capturou 2 rebotes, deu 1 asistencia e acabou con 0 de valoración.
Os alemáns foron os dominadores do primeiro cuarto e os puntos de Unicaja chegaban con moito esforzo. O Bayern instalouse no minuto 8 nos 11 puntos de vantaxe, e puido manter esta diferenza até o final do primeiro acto (26 a 15).
No segundo cuarto os malagueños achegaron maior efectividade no seu xogo, mais non puideron recurtar diferenzas co rival (43-32). O mesmo ocorreu nos dous restantes. Ao final do terceiro, o Bayern gañaba de 13 (67-54) e, á conclusión do encontro, por 14 (82-68). O desenlace do encontro decidírase xa no primeiro cuarto.
Sen dúbida, este foi o partido de Malcolm Delaney. O escolta do Bayern foi o máximo anotador do encontro (con 19 puntos), capturou 3 rebotes, deu dúas asistencias e logrou 30 puntos de valoración.