top of page

                                                                                                                                                                                                                 28 de Novembro de 2013

 

O conxunto malagueño do Unicaja de Málaga, no cal milita o galego Fran Vázquez, deu un paso de xigante esta noite no Centrum Rekreacyjno Sportowe de Zielona Góra (Polonia) onde, liderado por Zoran Dragic (21 puntos, 7 rebotes, 3 asistencias e 25 de valoración) e Nik Caner-Medley (18 puntos, 6 rebotes, 1 asistencia e 24 de valoración), derrotou ao Stelmet por 67 a 84.

 

Os andaluces tomaron a iniciativa no marcador no minuto 5 de partido (9-10) e, desde aquel momento, apenas a cederon nalgún instante puntual. De feito, no minuto 8 sumaba unha vantaxe de +7 (14 a 21), reducida e nun punto ao final do primeiro cuarto (18 a 26). Naquel momento, Dragic xa levaba 11 puntos. Ao final do encontro o seu irmán maior, Goran Dragic (como sabemos, xogador do Phoenix Suns), felicitaríao publicamente por Twitter.

 

 O segundo cuarto comezou con boas vibracións para un Unicaja que, no minuto 13, sumaba unha diferenza favorable de +13 (20 a 33). Porén, cun espectacular parcial de 17 a 6, os locais chegaban ao descanso dous puntos abaixo (37 a 39).

 

Á volta do intermedio, os polacos lograban pórse por diante novo no marcador mercé a unha tripla de Zamojski (40 a 39). Porén o Unicaja, cun parcial de 2 a 15, lograba unha vantaxe de +12 no minuto 27 (42 a 54), reducida ao final do terceiro cuarto a +10 (49 a 59).

 

Xa no derradeiro período, os malagueños chegaban á máxima dos +18 no minuto 34 (52 a 70), se ben ao final do encontro quedaría en +17 (67 a 84) mercé a unha canastra de Fran Vázquez a falta de 20 segundos.

 

Desta forma, o Unicaja fica cuarto do grupo C da Euroliga, con dúas vitoria se 4 derrotas.

O Unicaja dá un paso adiante

bottom of page