top of page

                                                                                                                                                                                                                  7 de Novembro de 2013

 

Vitoria do Valencia CF ante o Saint Gallien en terras suízas por 2 a 3.

 

Os valencianistas saíron á procura do gol no inicio do partido. Postiga estivo moi activo en ataque, mais non o acompañaba a fortuna neste minutos iniciais. No entanto, a falta de acerto dos chés provocou que, mediado o primeiro tempo, o Saint Gallien se metese no partido.

 

Federico Cartabia tivo que abandonar o campo por lesión. No seu lugar entrou Piatti, xogador que sería clave uns minutos despois, cando inaugurou o marcador a favor dos visitantes. Uns minutos antes, Sergio Canales estrelaba o balón no pau. No entanto, chegaríase ao descanso con empate a 1, grazas ao gol de Bestle.

 

No segundo tempo, o colexiado asubiou penalti de Montadon sobre Jonas Gonçalves para o Valencia, que provocou a expulsión do xogador local. Sería o propio Jonas o encargado de efectuar a pena máxima, que se saldou cunha parada de Lopar. Pouco despois, Karanovic poría o 2 a 1 para o Saint Gallien.

 

A pesar da vitoria momentánea, o equipo suízo xogaba con 10, e iso pasoulle factura. Postiga daba un aviso ao pau, e Piatti lograba a igualada (2-2) por mediación dun disparo dentro da área. Cun zapatazo desde fóra da área, Canales asinou o 2 a 3 definitvo.

 

 

O Valencia derrota ao Saint Gallien

bottom of page